Territorio

territorioAcandidatura a Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” foi promovida pola Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas-Betanzos”, contando co apoio da Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, así como dos dezasete concellos que conforman este territorio. 

A aprobación definitiva desta Reserva da Biosfera pola UNESCO, tivo lugar na 25ª Reunión do Consello Internacional de Coordinación do Programa MaB, celebrada en París o día 28 de maio de 2013.

A Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” abrangue un total de 116.724 ha (113.969,7 ha terrestres e 2.754,6 ha mariñas), que representa o 14,33% da superficie da provincia da Coruña, repartidas en 17 concellos. Con esta superficie é a segunda Reserva de Biosfera galega por orde de superficie, sendo a primeira da provincia da Coruña.

Municipios que conforman a Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”: Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza -Cesuras, Paderne, Sada e

JSN Boot template designed by JoomlaShine.com