Google Maps
  • centro interpretación
  • espazo natural
  • interese comunitario
  • interese turístico
  • inicio ruta
  • fin ruta

 

FICHA TÉCNICA

 
LONXITUDE: 4.6 km
PERCORRIDO: Lineal.
DURACION: 1.5 horas
TIPO DE CAMIÑO: Pista asfaltada e senda de terra..
USO RECOMENDABLE: Peonil.
DIFICULTADE: Baixa.
ÉPOCA RECOMENDABLE: Todo o ano.
Aconsellable para todos os públicos.
 
MIDE (Método de Información de Excursións)
MEDIO: 1 2 3 4 5
RECORRIDO: 1 2 3 4 5
DESPLAZAMENTO: 1 2 3 4 5
ESFORZO: 1 2 3 4 5
 

DESCRICIÓN

 

Esta ruta transcorre polo territorio do concello de Carral, seguindo a ribeira do río Barcés ao sur do encoro de Abegondo – Cecebre, con inicio no núcleo de As Táboas; limitando en todo momento co concello de Abegondo ao leste.

Está situada no entorno da Zona de Especial Conservación (ZEC) Encoro de Abegondo – Cecebre, zona núcleo da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, por albergar unha das extensións de bosque de ribeira máis importantes de Galicia, que favorece unha ampla biodiversidade de especies, dende a súa construción no ano 1976 para dotar de subministro á cidade da Coruña e a súa área metropolitana, onde conflúen o río Mero co seu principal afluente, o río Barcés, que atravesa o concello.

Esta itinerario sinalizado de 4.6 km, fai un percorrido ao longo dun bo treito do río Barcés, dende o núcleo das Táboas ata o fermoso edificio que alberga a Estación Depuradora de Cañás (de principios do s. XX) que inicialmente foi construída para abastecer a cidade de A Coruña, e que hoxe continúa a súa funcionalidade para o propio Concello de Carral, como consecuencia do excesivo aumento de poboación en toda a comarca. Se ben, destacar que os filtros para o tratamento da auga foron os primeiros instalados en España.

 
 

ASPECTOS ORNITOLÓXICOS E AVES QUE PODEMOS ATOPAR


Unha ruta de especial valor ambiental e paisaxístico, transcorre por pistas asfaltadas paralelamente á Zona Núcleo. Predominan as fragas de ribeira cos ameneiros (Alnus glutinosa), con algúns chopos ou freixos nas zonas húmidas, sen deixar atrás as propias carballeiras mesturadas con eucaliptos e piñeiros.

 
 

 

OUTROS PUNTOS DE INTERESE

O factor da auga predominante ao longo de toda a ruta apréciase tamén nos varios muíños e pontes que se poden atopar, os cales proporcionan un gran valor etnográfico e patrimonial a dita Ruta.

 

 

FOTOS E VIDEOS

Galería de imágenes

COMENTARIOS

(1592879)

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non está permitido o código HTML. Teu enderezo de email NON será publicado.

JSN Boot template designed by JoomlaShine.com