centro interpretación
espazo natural
interese comunitario
interese turístico
inicio ruta
fin ruta
DESCRICIÓN
Nesta ruta preséntanse dúas alternativas que ben se poden facer xuntas (unificando o traxecto) ou cada unha delas de maneira individual.
Praia das Delicias - Agra das Arcas
O punto de inicio sitúase na parroquia de O Castro, preto da fábrica de cerámicas de Sargadelos/Museo Carlos Maside.
Esta ruta abarca moitos dos regos e ríos que drenan este territorio ata acadar a vila de Sada. Esta vila caracterízase pola enorme influencia modernista na arquitectura fundamentalmente, como no edificio emblema de A Terraza situado na propia praia.
En adiante a ruta aproveita o paseo marítimo pasando polo porto ata chegar as ruínas do que no seu día constituíu o castelo de Fontán.

FICHA TÉCNICA
PERCORRIDO: Lineal.
DURACION: 2 horas
TIPO DE CAMIÑO: Pista asfaltada e senda de terra..
USO RECOMENDABLE: Peonil. Apto para bicicletas.
DIFICULTADE: Media.
ÉPOCA RECOMENDABLE: Todo o ano.
Aconsellable para todos os públicos.
MEDIO: | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
RECORRIDO: | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
DESPLAZAMENTO: | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
ESFORZO: | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
Soñeiro - Costa de Carnoedo
Esta ruta transcorre polo Concello de Sada, ao longo das parroquias interiores do concello de Sada en dirección norte-sur, por pistas asfaltadas e sendas de terra, unindo a parroquia de Carnoedo coa de Soñeiro (inicio de ruta). Este tramo ocupa unha lonxitude de 8.7 km.
Destaca o seu valor ambiental, paisaxístico e patrimonial con numerosos exemplos de arquitectura tradicional (lavadoiros), e actuando como icona patrimonial desta ruta o Pazo de Meirás, declarado Ben de Interese Cultural (Xunta de Galicia, 2008).

FICHA TÉCNICA
LONXITUDE: 8.83 km
PERCORRIDO: Lineal.
DURACION: 3 horas
TIPO DE CAMIÑO: Pista asfaltada e senda de terra..
USO RECOMENDABLE: Peonil. Apto para bicicletas.
DIFICULTADE: Media.
ÉPOCA RECOMENDABLE: Todo o ano.
Aconsellable para todos os públicos.
MIDE (Método de Información de Excursións)
MEDIO: | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
RECORRIDO: | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
DESPLAZAMENTO: | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
ESFORZO: | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
ASPECTOS ORNITOLÓXICOS E AVES QUE PODEMOS ATOPAR
Esta ruta coas súas dúas variantes, presenta zonas de praia e montaña e ambos ecosistemas gozan dun espazo natural de gran interese biolóxico. De especial atención son ás aves na área de As Brañas, a cal se accede dende o propio pobo de Sada.
OUTROS PUNTOS DE INTERESE
- Pazo de Meirás
- Castros de Meirás e Taibo
- Fábrica de cerámicas de Sargadelos/Museo Carlos Maside