centro interpretación
espazo natural
interese comunitario
interese turístico
inicio ruta
fin ruta
FICHA TÉCNICA
PERCORRIDO: Lineal.
DURACION: 2 horas
TIPO DE CAMIÑO: Pista asfaltada e senda de terra..
USO RECOMENDABLE: Peonil. Apto para bicicletas.
DIFICULTADE: Media.
ÉPOCA RECOMENDABLE: Todo o ano.
Aconsellable para todos os públicos.
MEDIO: | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
RECORRIDO: | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
DESPLAZAMENTO: | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
ESFORZO: | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
DESCRICIÓN
Esta ruta actúa como eixe vertebrador da vila de Sada, permitindo unir o peirao de Fontán, dende o Castelo do mesmo nome, ata os recunchos máis interiores do concello de Sada, seguindo o curso do rego Maior ata a fábrica de cerámicas do Castro.
A ruta comeza no Castelo de Fontán enlazando despois coa ruta PR-G-96 Costa Doce (Roteiro Mariñán). Trátase dunha ruta sinxela e apta para todos os públicos ao redor de menos de 6 km de lonxitude; seguindo en boa parte o Paseo Marítimo de Sada e noutro caso, pistas asfaltadas.
Exponse coma unha boa alternativa para a práctica do ciclismo non profesional, así como o desfrute familiar e de lecer.

ASPECTOS ORNITOLÓXICOS E AVES QUE PODEMOS ATOPAR
Dende o punto de vista natural, a paisaxe da ruta está formada por explotacións agrícolas e hortas, que van sendo substituídas por plantacións de eucaliptos. Consérvanse algunhas zonas de bosque autóctono de carballo, abeleira e bidueiro, e especies de bosque de ribeira. Destaca o lugar coñecido como “As Brañas”, unha zona húmida que supón un punto de interese para a fauna.
OUTROS PUNTOS DE INTERESE
No casco urbano de Sada destacan edificios emblemáticos e representativos da súa arquitectura civil: como A Terraza, o colexio “Sada y sus Contornos” ou a Casa da Cultura Pintor Llorens. As ruínas do castelo de Fontán e castro de Samoedo son tamén fitos de imprescindible visita.