centro interpretación
espazo natural
interese comunitario
interese turístico
inicio ruta
fin ruta
FICHA TÉCNICA
PERCORRIDO: Circular.
DURACION: 0.5 horas
TIPO DE CAMIÑO: Pista asfaltada ou pavimento de terra compactado.
USO RECOMENDABLE: Peonil e ciclable.
DIFICULTADE: Baixa.
ÉPOCA RECOMENDABLE: Todo o ano.
Aconsellable para todos os públicos.
MEDIO: | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
RECORRIDO: | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
DESPLAZAMENTO: | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
ESFORZO: | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
DESCRICIÓN
A relevancia e singularidade deste espazo natural vese potenciada por atoparse enclavado nunha das zonas máis densamente poboadas e transformadas de Galicia (área metropolitana da cidade da Coruña), destacando os recursos biolóxicos, xeomorfolóxicos e paisaxísticos, proba disto, é a excepcionalidade deste espazo para o avistamento de aves.
Esta ruta enmárcase dentro do espazo protexido da Costa de Dexo e Serantes (Monumento Natural) no saínte de terra que encerra a enseada de Mera cos faros dende onde se indica a entrada ao porto da Coruña e antigo posto de defensa. Son dúas torres, separadas uns 300 metros, de 11 e 14 metros respectivamente, acadando os seus focos unha altura de 56 e 81 metros sobre o nivel do mar e dende a súa localización tense unha vista panorámica de 270º de mar e da ría de A Coruña.
Esta ruta, de índole circular, transcorre arredor do centro de interpretación Aula do Mar (inicio/fin da ruta), acadando apenas o quilómetro de lonxitude.
Este itinerario transcorre por sendas naturais na súa maior parte, xunto con algúns tramos por pistas asfaltadas dentro do territorio que abarca o espazo natural.

ASPECTOS ORNITOLÓXICOS E AVES QUE PODEMOS ATOPAR
Durante a ruta o camiñante pode deleitarse coa variedade da fauna do litoral de Dexo, en particular as especies ornitolóxicas mariñas.
A gaivota patiamarela, o corvo mariño cristado e o falcón peregrino, son algunhas das aves que sobrevoan estes cantís costeiros. Tamén, a superficie que ocupa a matogueira costeira alberga especies de aves, como a papuxa montesa, e de mamíferos como o coello, moi abundante en toda a área do Faro de Mera.
OUTROS PUNTOS DE INTERESE
Cómpre visitar a “Aula do Mar” (centro de recepción de visitantes do Monumento Natural), o emprazamento da antiga batería militar e o elemento emblemático de Mera, os seus faros ou torres de enfilación.