centro interpretación
espazo natural
interese comunitario
interese turístico
inicio ruta
fin ruta
FICHA TÉCNICA
PERCORRIDO: Circular.
DURACION: 2 horas
TIPO DE CAMIÑO: Pista asfaltada ou pavimento de terra compactado.
USO RECOMENDABLE: Peonil.
DIFICULTADE: Media.
ÉPOCA RECOMENDABLE: Todo o ano.
Aconsellable para todos os públicos.
MEDIO: | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
RECORRIDO: | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
DESPLAZAMENTO: | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
ESFORZO: | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
DESCRICIÓN
A Ruta Seixo Branco discorre polo Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes, que ocupa o tramo costeiro comprendido entre o faro de Mera e o porto de Lorbé, entre as rías de Ares, Betanzos e A Coruña, no denominado Golfo Ártabro.
É un espazo natural de gran riqueza biolóxica, declarado Monumento Natural no ano 2000 e recoñecido como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e Lugar de Importancia Comunitaria, e está integrado dentro da Rede Galega de Espazos Naturais Protexidos.
Esta ruta permite combinar tramos de litoral costeiro con zonas interiores polo que o contraste de flora e fauna é importante dentro do espazo protexido da Costa de Dexo e Serantes (Monumento Natural).

ASPECTOS ORNITOLÓXICOS E AVES QUE PODEMOS ATOPAR
Esta ruta percorre os espectaculares desniveis escarpados da costa, con especial atención ao filón de pórfido granítico coñecido como “O Seixo Branco” que dá nome a esta ruta. Nesta combinación de elementos moldeados polo vento destacan os cantís, illotes como A Marola ou O Marolete, ou furnas mariñas, formacións xeolóxicas na rocha orixinadas pola erosión conxunta do vento e do mar (A Regocha ou Ollo pequeno ou Ollo grande). Afíncase nunha zona de especial beleza natural, con gran valor paisaxístico e ornitolóxico.
No tramo costeiro domina a matogueira almofadada ou outras especies adaptadas a un litoral caracterizado polas acometidas do vento e as escarpas rochosas; destacando endemismos galaicos ou noroccidentais ibéricos coma a Armeria pubigera ou especies representativas coma o toxo (Ulex europaeus). Cara o interior xa dominan as zonas boscosas.
OUTROS PUNTOS DE INTERESE
O itinerario transcorre por un sendeiro que nos permite descubrir parte dos tesouros do Monumento Natural, como son:
- A batería (de proxectores) que serviu para buscar e iluminar posibles obxectivos militares.
- A “Punta do Seixo Branco”, filón de granito que debe o seu nome á gran veta de cuarzo branco visible que aflora o serpea polo acantilado cara ao mar.
- As furnas (Ollo pequeno, A Regocha, Ollo grande) que son covas mariñas formadas pola acción das ondas.
- Castro de Subiña, situado no alto do monte de Subiña, ofrece unha espectacular vista da enseada de Mera. Consta de dúas estruturas concéntricas (sen escavar).