Google Maps
  • centro interpretación
  • espazo natural
  • interese comunitario
  • interese turístico
  • inicio ruta
  • fin ruta

 

FICHA TÉCNICA

 
LONXITUDE: 3.1 km
PERCORRIDO: Circular.
DURACION: 1.5 horas
TIPO DE CAMIÑO: Pista asfaltada ou pavimento de terra compactado.
USO RECOMENDABLE: Peonil.
DIFICULTADE: Baixa.
ÉPOCA RECOMENDABLE: Todo o ano.
Aconsellable para todos os públicos.
 
MIDE (Método de Información de Excursións)
MEDIO: 1 2 3 4 5
RECORRIDO: 1 2 3 4 5
DESPLAZAMENTO: 1 2 3 4 5
ESFORZO: 1 2 3 4 5
 
 

DESCRICIÓN

 

Esta ruta abarca o corazón do Monumento Natural Costa de Dexo – Serantes pertencente á Rede Natura 2000. Conta coas seguintes figuras de protección: ZEPVN (Zona de Especial Protección dos Valores Naturais) e, ZEC (Zona de Especial Conservación), polo que está integrado na Rede Galega de Espazos Naturais Protexidos.

Esténdese pola franxa litoral entre o cabo de Mera e o porto de Lorbé (aproximadamente 11 km de costa), situado ao noreste da cidade da Coruña, no fondo do denominado Golfo Ártabro, pertencente na súa totalidade ao concello de Oleiros cunha extensión aproximada de 270 hectáreas.

Fronte costeira aberta entre as rías da Coruña e de Ares e Betanzos, presenta unha importante área de acantilados mariños, illotes e vexetación de herbais e matogueiras costeiras en bo estado de conservación, de grande interese pola súa xeomorfoloxía e alto valor paisaxístico.

A relevancia e singularidade deste espazo natural, vese potenciada por atoparse enclavado nunha das zonas máis densamente poboadas e transformadas de Galicia (área metropolitana da cidade da Coruña), destacando os recursos xeomorfolóxicos e paisaxísticos xunto cunha gran riqueza biolóxica, proba disto, é a excepcionalidade deste espazo para o avistamento de aves.

Esta ruta, de índole circular (con inicio/fin na Igrexa de Dexo que constitúe o principal punto de encontro), trátase dunha sinxela e curta ruta, que apenas alcanza os 3 km de lonxitude, aínda que con innumerables pendentes.

Esta ruta transcorre por sendas naturais dentro do espazo natural, aptas para o sendeirismo e o ciclismo de montaña, polas numerosas pendentes ao longo do espazo natural e camiños de terra.

Nun entorno marcado pola proximidade á cidade da Coruña, este espazo natural constitúe un pequeno refuxio, lugar idóneo de escapada e relaxación para calquera momento do ano, grazas en boa medida ás boas comunicacións de transporte e a súa aptitude para todos os usuarios (familias, ciclistas, grupos de marcha nórdica, …)

 
 

ASPECTOS ORNITOLÓXICOS E AVES QUE PODEMOS ATOPAR


É importante destacar o valor ornitolóxico, ambiental, paisaxístico e especialmente, xeomorfolóxico da zona, cos constantes cantís e illotes que asoman por toda a costa, con caprichosas e espectaculares formas provocadas pola acción erosiva do mar.

Destacan algúns illotes como o de “A Marola”, co que se popularizou entre as xentes do mar un pequeno refrán: “quen pasou A Marola, pasou a mar toda”.

 
 

 

OUTROS PUNTOS DE INTERESE

.

 

 

FOTOS E VIDEOS

COMENTARIOS

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non está permitido o código HTML. Teu enderezo de email NON será publicado.

JSN Boot template designed by JoomlaShine.com