centro interpretación
espazo natural
interese comunitario
interese turístico
inicio ruta
fin ruta
FICHA TÉCNICA
PERCORRIDO: Lineal.
DURACION: 2 horas
TIPO DE CAMIÑO: Pista asfaltada.
USO RECOMENDABLE: Peonil. Apto para bicicletas.
DIFICULTADE: Baixa.
ÉPOCA RECOMENDABLE: Todo o ano.
Aconsellable para todos os públicos.
MEDIO: | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
RECORRIDO: | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
DESPLAZAMENTO: | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
ESFORZO: | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
DESCRICIÓN
Esta ruta abrangue os territorios que comparten a desembocadura do río Mero, na ría do Burgo: Cambre, Culleredo e Oleiros.
Dito espazo, confeccionado e tematizado a nivel ornitolóxico en 2015, responde a unha incesante actividade de avistamento de aves por parte de numerosos usuarios tanto a nivel profesional, divulgativo e turístico, ao referirse a unha zona urbana (dentro da Reserva de Biosfera) cun elevado paso de aves na súa viaxe migratoria, destacando unha diversidade de especies asombrosa, superando as 260 especies de aves distintas.
Trátase dun paseo sinxelo e adaptado para todo tipo de usuarios, tanto peonís como ciclistas.
Para chegar, é preciso achegarse á desembocadura do río Mero na ría do Burgo, xusto á saída da cidade de A Coruña, con accesos dende a zona da ponte Pasaxe
ASPECTOS ORNITOLÓXICOS E AVES QUE PODEMOS ATOPAR
A través de 52 paneis informativos sobre aves e procesos ambientais, tematizouse a nivel Ornitolóxico o Paseo Marítimo do Burgo, o cal constitúe un auténtico recurso turístico, pedagóxico e social, que ofrece numerosas alternativas de uso para todos os públicos e durante todos os días do ano.
OUTROS PUNTOS DE INTERESE
Esta Ruta Ornitolóxica, conecta no Temple (Cambre), ao pasar a ponte románica do Burgo, co Paseo fluvial do río Mero.