Dispoñible Guía de Aves e Guía de Centros de Interpretación

17/11/2015

Dispoñible Guía de Aves e Guía de Centros de Interpretación

Tanto os 9 concellos de As Mariñas, como o propio de A Coruña, contan cunha grande variedade de aves, a pesar da gran presión demográfica da zona. Na web rutasornitoloxicas.gal atopamos as especies máis significativas da zona, pero non podemos deixar de lado outras case 300 especies que se atopan na comarca.

Para obter máis información de toda esta variedade de aves, o Consorcio das Mariñas editou unha GUÍA DE CAMPO DAS AVES DA CORUÑA E AS MARIÑAS onde especifican unha ficha de cada ave, ademais de explicar como, cando e onde observar o resto de aves que non aparecen na web.

Ademais na web tamén atoparemos unha Guía de Equipamentos de todos os Centro de Interpretación de aves da zona.

JSN Boot template designed by JoomlaShine.com