Concello/s:CARRAL
Enderezo: Plaza Campo Da Feira, 0, 15175 Paleo ( San Estevo ).
Web: www.carral.es Email:
Facebook: https://www.facebook.com/carral.enplenocrecemento/ Twitter:
Telf/Fax: 981670002
ROTEIRO MARIÑÁN COSTA DA ÉGOA:
Recibe o seu nome do transporte e carga (cereais especialmente) polos pendentes camiños coa axuda de égoas nos tempos pasados.
Esta ruta presenta múltiples alternativas pero a principal (12,6 km) parte do cemiterio de Paleo onde están soterrados os Mártires de Carral (enlace coa ruta dos Mártires) e transcorre polo fermoso val de Barcia bañado polos ríos Barcés e Abelleira ata os muíños do Batán que podemos percorrer á beira do río Abelleira e coñecer o seu funcionamento.
Caracterízase por un primeiro tramo lineal por estradas e pistas asfaltadas ata o núcleo de Chamoso onde se adentra no corazón do val nun tramo circular.
No primeiro tramo cómpre destacar os pazos de Esperante ou VilaSuso e as igrexas de Paleo ou Quembre e varias fontes de auga.
No tramo circular destacan a capela de San Pedro de Rubieiro (s. XVI), o pazo das Cadeas no que pasou unha noite María Ana de Neoburgo, prometida de Carlos II, en 1680 ou os propios muíños do Batán onde a auga convertese en enerxía e servía noutros tempos para moer o cereal do coñecido Pan de Carral.
O camiñante poderá desfrutar de fermosos camiños e entornos naturais, vistas panorámicas e edificacións típicas do Val de Barcia polo que recomendase levar calzado de montaña e cámara fotográfica.
Esta ruta é apta para facer a pé, a cabalo ou en bicicleta, ainda que existen treitos no entorno dos muíños que non están axeitados para o acceso de cabalos ou bicicletas.