ROTEIRO POLO ENCORO DE ABEGONDO - CECEBRE

ROTEIRO POLO ENCORO DE ABEGONDO - CECEBRE

Concello/s:ABEGONDO
Enderezo: Encoro de Abegondo- Cecebre.
Web: www.abegondo.gal   Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Facebook: https://www.facebook.com/ADR.MARINASBETANZOS/   Twitter: https://twitter.com/abegondo
Telf/Fax: 981673050/981673050

O Concello de Abegondo realiza visitas gratuitas guiadas a este espazo, previa inscripción e contacto coa Aula da Natureza de Crendes (Abegondo).

ENCORO ABEGONDO - CECEBRE:

Encoro construido entre os anos 1974-1975 para abastecer de auga a cidade da Coruña, na confluencia do río Mero e o seu afluente Barcés. Co tempo converteuse nun lugar de importancia comunitaria ao ser un lugar onde pasan o inverno aves migratorias que proveñen do norte de Europa.

Son de resaltar as súas colas, onde aínda persiste o Bosque asolagado, Bosque de ribeira que en moitos lugares de Galicia desapareceu. Prados, montes moi pretos do encoro son tamén o hábitat de numerosas especies de aves, anfibios e mamíferos.

É un lugar con encanto e de seguro que nos sorprenderá se imos cos ollos ben abertos. Ademais, para as familias e os máis curiosos, destaca a Ruta Ornitolóxica O Bosque Animado, que arranca dende o Observatorio de Aves de Crendes.

Esta Ruta temática constitúen un auténtico referente á hora de interpretar, pois se poder ver de preto sobre granito o debuxo do paxaro e coñecer a súa lenda.

Non debemos esquecer levar os prismáticos por se non anda moi lonxe a ave.

Ademais ó longo desta Ruta, existen réplicas de aves a tamaño real feitas con resina, situadas nas árbores, co obxectivo de divulgar a importancia deste espazo e ser un referente a nivel de educación ambiental e turismo de natureza; e todo esto nunha das zonas Núcleo da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”.

Lugares de interese neste Roteiro:
Aula da Natureza de Abegondo.
Observatorio de Aves, en Crendes.
Ruta Ornitolóxica de Aves (dende o Observatorio de Aves ata o Portancho).

Google Maps
JSN Boot template designed by JoomlaShine.com