Concello/s: OLEIROS
Enderezo: CEIDA. Castelo de Santa Cruz s/n. 15179 Liáns- Oleiros
Web: www.ceida.org Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Facebook: https://www.facebook.com/ceida.educacion.ambiental/ Twitter: https://twitter.com/ceida_galicia
Telf/Fax: 981630618/981614443
A costa galega ten un gran interese natural, que nos regala fermosas paisaxes e moitos espazos litorais e mariños de alto valor ecolóxico que compre coñecer e protexer de xeito especial.
Un deles é a Costa de Dexo- Serantes, enclave protexido dende o ano 2000, que presenta unha paisaxe de acantilados fortemente erosionados e con perfil costeiro serrado, con numerosas caliñas e enseadas, furnas e algúns illotes como o da Marola. Destaca na punta do Seixo Branco unha veta de pórfido granítico, que lle dá nome a este lugar.
Un 27% da área está ocupada por hábitats naturais de interese comunitario. Os cantís e as chairas por encima destes manteñen diversas comunidades de vexetación propia de fendas e repisas de acantilados, con herbazais e matogueiras costeiras ben conservadas, nas que aparecen varios endemismos galaicos e ibéricos noroccidentais, algúns ameazados. A riqueza ornitolóxica da área tamén é relevante, conta con áreas de cría de corvo mariño cristado e andoriño real entre outras.
É un lugar onde gozar da paisaxe que nos ofrecen os cantís, mostra inequívoca da bravura do noso mar.
Estas actividades se realizan con grupos organizados e concertando cita previamente. O punto de encontró é a Aula do Mar, centro de visitantes do espazo protexido, e teñen una duración mínima de 2 h.