ROTEIRO DO CASCO HISTÓRICO DE BETANZOS

ROTEIRO DO CASCO HISTÓRICO DE BETANZOS

Concello/s: BETANZOS
Enderezo: Praza de Galicia, 1 15300 BETANZOS
Web: www.betanzos.es   Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Facebook: No    Twitter: @turismoBetanzos
Telf/Fax: 981776666/981776529

O Concello de Betanzos organiza periódicamente unha serie de roteiros para dar a coñocer os diferentes aspectos do patrimonio histórico, artístico, natural, cultural e gastronómico da cidade.

Son actividades gratuitas prevía inscrición na Oficina de Turismo.

RUTA DO CASCO HISTÓRICO:

O obxectivo desta ruta é dar a coñecer todo o patrimonio histórico artístico da cidade de Betanzos. O casco histórico de Betanzos foi declarado conxunto histórico-artístico en 1970 e conta con dous monumentos nacionais como son as igrexas de Santa María do Azougue e San Francisco. A través do percorrido polo recinto medieval da cidade (a única de Galicia que conserva tres portas medievais) coñeceremos episodios da historia da cidade, feitos curiosos e visitaremos os principais monumentos.

Percorrido:
Praza dos Irmáns García Naveira (Estatua dos Irmáns, Igrexa de San Domingos, edificio Arquivo, Antigo Hospital de Santo Antonio, Fonte de Diana, Soportais), Palco da Música, Porta da Vila, Praza da Constitución (Casa Núñez, Pazo de Bendaña, Concello, Pazo e Torre de Lanzós), Igrexa de Santiago, Rúa dos Ferreiros( Pazo de Taboada e Porta do Ponte Nova), Igrexa de Santa María do Azougue, Igrexa de San Francisco (Sepulcro de Fernán Pérez de Andrade “O Boo”), Porta do Cristo, Rúa da Cerca, Porta da Ponte Vella, Convento das Agustinas Recoletas e Casas Populares da Fonte de Unta. Duración: 1 hora e media.

Google Maps
JSN Boot template designed by JoomlaShine.com