
Un latexo de vida silvestre para relaxarse, aprender e gozar!
Hai poucas persoas que non se teñan marabillado nunca co voo dunha ave. Están en todas partes, resultan fáciles de admirar e son un espectáculo que nos achega á naturaleza con sinxeleza. Transmiten beleza e liberdade e, coa súa variedade de formas, sons e comportamentos achegan vida á contorna, anuncian o cambio das estacións e fascinan á humanidade dende sempre.
Hoxe en día, a observación de aves é unha forma de turismo en auxe que mobiliza a millóns de persoas. Só en Europa estímase que 10 millóns de viaxeiros se desprazan cada ano para observar as especies máis raras ou exóticas. Pero non é necesario ir moi lonxe para disfrutar delas. Basta calquera recuncho, mesmo os espazos urbanos, para que as aves nos trasladen inmediatamente un latexo de vida silvestre.A diversidade de especies que ao longo do ciclo anual se poden observar neste territorio é moi notable, sobre todo, tendo en conta o carácter urbano e periurbano dalgunhas zonas, que lonxe de limitar a súa presenza permite unha adaptación sorprendente das aves á actividade humana como sucede na Ría do Burgo, no encoro de Rexedoiro ou unha praia de Sada onde é posible aproximarse máis a elas que en ningún outro lugar do norte de España.
A maioría das rutas contan con boa accesibilidade, sendas, paseos marítimos e infraestruturas específicamente destinadas á Educación Ambiental. Recentemente acondicionáronse tanto a zona da Ría do Burgo, como a do encoro de Abegondo-Cecebre.
A Ruta ornitolóxica da Ría do Burgo conta cunha completa sinalización e tematización ornitolóxica, integrada por 52 paneis informativos, onde se pode atopar información sobre as aves máis singulares e frecuentes neste espazo natural, e tamén sobre distintos procesos ecolóxicos.
A Ruta Ornitolóxica "O Bosque Animado", situada na zoda do encoro de Abegondo-Cecebre, sustitúe os paneis informativos por uns novedosos fitos de pedra, con ilustracións do artista local Suso Cubeiro, que ademais de informar sobre a fauna e a flora de entorno, tamén o fan sobre a mitoloxía e lendas galegas, así pódese coñecer a parte máis formal das aves, pero tamén as lendas e mitos que existen en torno a elas.
Moitos dos percorridos poden realizarse en bicicleta de montaña e mesmo convencional, xa sexa por paseos marítimos, sendas ciclistas ou camiños aptos para practicar o ciclismo. A concepción circular de varias das rutas facilita que o turista poida iniciala en calquera dos seus tramos e completala da maneira que lle resulte máis cómoda para os seus intereses ou en función do tempo que dispoña, e a gran conectividade entre elas permite tamén a posibilidade de enlazar varias rutas.
RUTAS DE SENDERISMO E AVISTAMENTO ORNITOLÓXICO
http://rutasornitoloxicas.gal/web/gl/conecenos#sigProGalleria7862766c8b