VIRAPEDRAS

VIRAPEDRAS

FICHA TÉCNICA

  • ORDE: Charadriiformes
  • FAMILIA: Scolopacidae
  • ESPECIE: Arenaria interpres
  • LONXEVIDADE-ANOS: sobre 10
  • PESO: entre 90-130 gr
  • ENVERGADURA: sobre 43-49 cm
  • LONXITUDE: 21-24 cm

DESCRICIÓN DA ESPECIE

Ten o corpo compacto, coas súas patas, pescozo e pico cortos. As patas teñen unha coloración laranxa intensa. A cor da plumaxe varía coas estacións. Durante o inverno a súa cabeza é de cor café clara. A zona dorsal é marrón escuro, gris e negro e na zona ventral branca, co pescozo e peitos negros. Na época reproductiva os machos teñen a cabeza e pescozo cubertos cun chamativo deseño branco e negro e coa zona dorsal vermella.

HÁBITAT

Mares, costas e estuarios buscando zonas rochosas.

 

ONDE VER AS AVES DAS MARIÑAS

 
Google Maps
  • centro interpretación
  • interese comunitario
  • observatorio aves
  • área observación aves

 

Se queres máis información sobre as aves podes descargar a GUÍA DE CAMPO DAS AVES DA CORUÑA E AS MARIÑAS.

Máis información sobre os equipamentos dos CENTROS DE INTERPRETACIÓN existentes.

JSN Boot template designed by JoomlaShine.com