DESCRICIÓN DA ESPECIE
É moi similar á gaivota argéntea en xeral, quizais un pouco máis escuro o manto e a pinta vermella do pico un pouco máis grande. Aínda que a principal diferenza está nas patas que son amarelas e na argéntea son rosadas. O macho é igual ca femia, quizais un pouco maior de tamaño. En inverno a ave adulta non ten moteado escuro na cabeza e pescozo.
HÁBITAT
Para aniñar prefire acantilados mariños ou illas cercanas á costa, pero en xeral, pode ocupar variedade de emprazamentos como praias, humedais, ... Ademais é bastante habitual nas inmediacións dos núcleos de poboación costeiros, onde pode incluso chegar a criar en edificacións humanas.