CORVO MARIÑO CRISTADO

CORVO MARIÑO CRISTADO

FICHA TÉCNICA

  • ORDE: Pelecaniformes
  • FAMILIA: Phalacrocoracidae
  • ESPECIE: Phalacrocorax aristotelis
  • LONXEVIDADE-ANOS: sobre 15
  • PESO: sobre 1.75 e 2.25 kg
  • ENVERGADURA: sobre 90-105 cm
  • LONXITUDE: 65-80 cm aprox.

DESCRICIÓN DA ESPECIE

Recorda ao cormorán grande, aínda que se distingue del por ser máis pequeno e esbelto e posuír a cabeza e o pico máis pequenos, a fronte marcada e o pescozo máis estreito que a cabeza. A gorxa é totalmente negra e a comisura do pico, amarela. Voando é tamén máis áxil có cormorán grande. Fóra da auga ten o costume de colocarse sobre as rochas coas ás abertas para deixar secar a súa plumaxe.

HÁBITAT

Especie mariña litoral, atópase especialmente en costas rochosas e illas. Normalmente en sitios inaccesibles da costa.

ONDE VER AS AVES DAS MARIÑAS

 
Google Maps
  • centro interpretación
  • interese comunitario
  • observatorio aves
  • área observación aves

 

Se queres máis información sobre as aves podes descargar a GUÍA DE CAMPO DAS AVES DA CORUÑA E AS MARIÑAS.

Máis información sobre os equipamentos dos CENTROS DE INTERPRETACIÓN existentes.

JSN Boot template designed by JoomlaShine.com