MASCATO

MASCATO

FICHA TÉCNICA

  • ORDE: Pelecaniforme
  • FAMILIA: Sulidae
  • ESPECIE: Morus bassanus
  • LONXEVIDADE-ANOS: de 16 a 20
  • PESO: de 2.8 a 3.2 kg
  • ENVERGADURA: sobre 165-180 cm
  • LONXITUDE: entre 87-100 cm aprox.

DESCRICIÓN DA ESPECIE

Ave marina esbelta e de gran tamaño. A súa cor xeral é branca, destacando os extremos negros das súas ás. A cabeza presenta unha lixeira tonalidade amarela. O pico gris aparece percorrido por líñas negras que o perfilan e tamén rodean o ollo. As plumas son impermeables, o que permite pasar longos períodos na auga.

HÁBITAT

O seu hábitat natural é o océano, onde pasa a maior parte do tempo da súa vida. Póusanse na terra en raras ocasións, entre elas para aniñar, buscando normalmente acantilados rochosos para facelo.

ONDE VER AS AVES DAS MARIÑAS

 
Google Maps
  • centro interpretación
  • interese comunitario
  • observatorio aves
  • área observación aves

 

Se queres máis información sobre as aves podes descargar a GUÍA DE CAMPO DAS AVES DA CORUÑA E AS MARIÑAS.

Máis información sobre os equipamentos dos CENTROS DE INTERPRETACIÓN existentes.

JSN Boot template designed by JoomlaShine.com