GAIVOTA CHORONA

GAIVOTA CHORONA

FICHA TÉCNICA

  • ORDE: Charadriiforme
  • FAMILIA: Laridae
  • ESPECIE: Chroicocephalus ridibundus
  • LONXEVIDADE-ANOS: sobre 6
  • PESO: de 260 a 340 gr
  • ENVERGADURA: sobre 100-110 cm
  • LONXITUDE: entre 34-37 cm aprox.

DESCRICIÓN DA ESPECIE

Gaivota de tamaño máis ben pequeno, co pico vermello-negruzco e o dorso grisáceo coas partes inferiores brancas. No periodo do verán a cabeza presenta un capuchón marrón chocolate co anel ocular parcialmente branco. O resto do ano a cabeza é branca.

HÁBITAT

Ocupan zonas húmidas, de auga doce ou salgada, como estuarios, marismas, lagoas, ... Tamén se poden observar en vertedeiros, arrozais ou salinas cando buscan alimento.

ONDE VER AS AVES DAS MARIÑAS

 
Google Maps
  • centro interpretación
  • interese comunitario
  • observatorio aves
  • área observación aves

 

Se queres máis información sobre as aves podes descargar a GUÍA DE CAMPO DAS AVES DA CORUÑA E AS MARIÑAS.

Máis información sobre os equipamentos dos CENTROS DE INTERPRETACIÓN existentes.

JSN Boot template designed by JoomlaShine.com