DESCRICIÓN DA ESPECIE
Ten a plumaxe enteiramente branca. Durante o verán, ten na coronilla 2 plumas moi longas, estreitas e puntiagudas que sobresaen por detrás. Pico negro coa base da mandíbula inferior gris verdoso. As patas negras cos dedos amarelos. O iris é amarelo. Os mozos son parecidos ao adulto.
HÁBITAT
Atópase en diferentes zonas húmidas, naturais ou artificiais, de augas tranquilas e abundante vexetación.